ANDAREI NA PRESENZA

 

ANDAREI NA PRESENCIA DO SEÑOR

(Antón Fdez. León)

 

ANDAREI NA PRESENCIA DO SEÑOR,

CAMIÑAREI POR CAMIÑOS DE VIDA

HEI DE ESCOITA-LA PALABRA QUE EL NOS DA

POIS É A LUZ QUE NOS GUÍA.

 

- Camiñando polo mundo imos indo cara ó Alén, 

peregrinos no deserto: “Ven connosco, Deus Amigo”.

Cando as tebras nos envolvan, fainos ve-la túa Luz 

para acertar co camiño.

 

- Cando nos falten as forzas pra segui-los teus vieiros   

e nos sintamos vencidos por atrancos do inimigo.  

“Ven connosco, Deus Amigo, fainos ve-la túa luz   

para chegar ó destino”.

 

- Cando andamos na maldade, na inxustiza ou na mentira 

destruíndo o “home novo” que das túas mans saíra.

“Fainos ve-la túa Luz, ven connosco, Deus Amigo,  

para trocar morte en vida”.




Leer más: https://nosanaicinhadoceo.webnode.es/musica-galega/o/andarei%20na%20presencia%20do%20se%C3%B1or/

Comentarios