CANTIGA PARA UNHAS MANS

(Antón Fdez. León-Isauro García)

 

Son mans abertas acariciando os nenos,

repartindo tenrura a quen se achega a El;

son mans que parten o Pan para os máis pobres,

son as mans de Xesús de Nazaret.

 

Son mans quentiñas de Bo Samaritano

curando a quen encontra ferido no camiño.

Son mans que sangran desde unha cruz cravadas

para salva-lo home arrepentido.

 

QUERO SER AS TÚAS MANS,

A TÚA BOCA SER, SEÑOR.

 

Son mans que apoian a tódolos caídos

que a El tenden as súas pedindo compaixón;

son mans que abrazan ó fillo que regresa:

son as mans de Xesús, o Salvador.

 

Son mans tendidas ó amigo que dubida

mostrándolle as chagas, sinal de tento amor;

son mans que prenden a luz dun Novo Día

para quen busca nel a salvación.

 

 



Leer más: https://nosanaicinhadoceo.webnode.es/musica-galega/xesus/cantiga-para-unhas-mans/

Comentarios