LUMIÑO DE LÚA CLARA

 

LUMIÑO DE LÚA CLARA

(Irimia)

 

CRISTO CANTAMOS NA LUZ QUE ALUMEA,  

A CRISTO CANTAMOS CO LUME DA FE.

 

Lumiño de lúa clara, lume novo da alborada, 

ti aluméa-la noite, ai a noite das nosas casas.

 

Na noite triste poñemos a ledicia dun luceiro, 

non temos medo da noite, que xa hai luz nos nosos carreiros.

 

A noite fíxose día e dentro de nós temos festa, 

témo-la man dun Amigo e no ceo un Pai que nos queira.



Leer más: https://nosanaicinhadoceo.webnode.es/musica-galega/p/lumi%C3%B1o%20de%20lua%20clara/

Comentarios