MOVE OS TEUS PÉS
(Xaquín R. Pomares)
Move os teus pés, falo moi ben.
Podes usalos para andar,
para correr, para brincar
e achegarte ós demais. (2)
DALLE AS GRAZAS A DEUS POLOS PÉS,
POLOS PÉS, POLOS PÉS,
E UTILIZA SEMPRE OS TEUS PÉS
PARA ACHEGARTE AOS DEMAIS.
Reverencia! Reverencia!
Move as túas mans de par en par,
podes usalas para xogar,
para comer, acariñar
e axudarlle ós demais. (2)
DALLE AS GRAZAS A DEUS POLAS MANS,
POLAS MANS, POLAS MANS,
E UTILIZA SEMPRE AS TÚAS MANS
PARA ACHEGARTE AOS DEMAIS.
Reverencia! Reverencia!
Berra con forza. Que boa voz!
Podes usala para falar,
para reír, para cantar
e ás veces tamén para calar. (Sssh)
Berra con forza. Que boa voz!
Podes usala para falar,
para reír, para cantar
e aledarlle ós demais.
DALLE AS GRAZAS A DEUS POLA VOZ,
POLA VOZ, POLA VOZ,
E UTILIZA SEMPRE A TÚA VOZ
PARA ALEDARES ÓS DEMAIS,
PARA ALEDARES ÓS DEMAIS.
Dalle as grazas a Deus por vivir,
por vivir, por vivir,
e que sexa o teu vivir
para entregarte ós demais.
Para entregarte ós demais!
Leer más: https://nosanaicinhadoceo.webnode.es/musica-galega/varios/move-os-teus-pes/
Comentarios
Publicar un comentario