NON LEVES PARA O CAMIÑO
(Antón Fdez.León-Isauro García)
NON LEVES PARA O CAMIÑO
NIN PAN, NIN CARTOS NA ALFORXA,
LEVA SOAMENTE UN CAXATO PRA APOIARTE,
CANDO CHE FALTEN AS FORZAS.
No camiño que ti vas percorrer
hai atrancos que te fan tropezar,
non te han de vencer
porque Xesús vai contigo ó andar.
Se te cansas e non podes seguir,
calza os pés con sandalias lixeiras,
poderás avanzar máis depresa,
chegarás axiña onde te-la meta.
Nada máis pro camiño que a ambición
de ir medrando no andar de cada día,
e de abri-lo corazón á inmensidade
da Verdade e da Vida.
Un vestido que sexa liviano
e alixere a túa andaina;
un caxato que sirva de apoio
para así chegar á meta soñada.
Leer más: https://nosanaicinhadoceo.webnode.es/musica-galega/xesus/non-leves-para-o-cami%C3%B1o/
Comentarios
Publicar un comentario