POLOS CAMIÑOS DA VIDA
(Carlos Otero Padín)
- Polos camiños da vida eu vou andando, Señor,
son peregrino que busca chegar á Fonte do Amor.
Polos camiños da vida eu vou andando, Señor,
son peregrino que busca chegar á Fonte do Amor.
Quero que sexas Ti quen me leve da túa man
porque só voume perder no longo camiñar.
Axúdame a compartir a esperanza cos demáis
pois o mellor do camiño está ó final.
- Cando me atopo coa noite e xa vou canso da cruz,
vén onda min pra axudarme trocando as tebras en luz.
Cando me atopo coa noite e xa vou canso da cruz,
vén onda min pra axudarme trocando as tebras en luz.
Vén conmigo ó andar, alimenta a miña fe,
sé a forza pró meu amor co amor que Ti me tes.
Se canso me ves, Señor, dáme folgos pra chegar
pois o mellos do camiño está ó final.
Leer más: https://nosanaicinhadoceo.webnode.es/musica-galega/catequese/polos-caminos-da-vida/
Comentarios
Publicar un comentario