PRONUNCIACHES O MEU NOME
(Antón Fdez. León)
1. Pronunciaches o meu nome ao dicirme “sígueme”.
Eu collinme da túa man e contigo camiñei.
Ti ofrecíchesme auga limpa para saciar a miña sede.
Pronunciaches o meu nome ao dicirme “sígueme”.
Como a Pedro, como a Andrés ti me chamaches;
como a Paulo, a Santiago e a Xoán.
Como chamas sempre Ti, Ti me invitaches
a seguirte e a partir contigo o pan (bis).
2. Xa hai tempo que os meu pasos aos teus pasos adaptei,
de tal xeito que o camiño é amigo dos meus pés.
Se na dúbida vivín, hoxe é firme a miña fe.
Xa hai tempo que os meus pasos aos teus pasos adaptei.
Leer más: https://nosanaicinhadoceo.webnode.es/musica-galega/varios/pronunciaches-o-meu-nome/
Comentarios
Publicar un comentario