QUE FERMOSO ESTAR AQUÍ
(Isauro Gª Ramos)
QUE FERMOSO ESTAR AQUÍ
TODOS XUNTOS EN COMUÑÓN!
QUE FERMOSO SENTIR QUE TI,
NOSO DEUS, NOS ENCHES DE AMOR!
- Para ser luz do mundo e a terra xermolar,
cómpre que ti nos deas a forza para andar. (2)
- Para ser os teus amigos habemos de facer
sempre o que Ti nos mandes, sempre vivir na fe.
- Para andar o camiño coa forza do final,
tennos a porta aberta no intre de chegar.
- Para salgar a terra dándolle o teu sabor,
cómpre que Ti nos deas a Graza e o Amor.
- Nas angurias e nas penas do noso camiñar,
vén Ti, Señor, connosco para non fracasar.
- Como procura a cerva auga para refrescar,
nós onda Ti buscamos no teu colo acougar.
Leer más: https://nosanaicinhadoceo.webnode.es/musica-galega/catequese/que-fermoso-estar-aqui/
Comentarios
Publicar un comentario