SIGNO DE DEUS (FACEMOS CAMIÑO)

 

FACEMOS CAMIÑO (SIGNO DE DEUS)

(Roberto Fdez. Cartón)

 

FACEMOS CAMIÑO

Ó NOSO IRMÁN UNIDOS,

COMPARTINDO A VIDA

POR UN MUNDO MÁIS HUMANO,

AQUEL QUE XESÚS PROMETEU.

 


Lémbrate do día

cando estabas só

e un irmán se che achegou,

e sentou contigo a falar.

Ese é un signo de Deus.

 

Ponte xa en camiño,

non te botes para atrás,

necesitan do teu valor

para non deixaren de andar.

Ti serás un signo de Deus.

 

Camiñando levas

a semente de Xesús.

Non lla negues a ninguén q

ue a carón de ti poida estar.

Así é un signo de Deus.

 

Escoitando a Cristo,

vivindo ó seu xeito,

a irmandade nosa vai

peregrina ó reino da luz.

Todos somos signos de Deus.



Leer más: https://nosanaicinhadoceo.webnode.es/musica-galega/varios/facemos-cami%C3%B1o/

Comentarios