XUNTO A TI QUERO ESTAR - O XUBILEO

 

XUNTO A TI QUERO ESTAR (O XUBILEO)

(Carlos Otero Padín)

 

- Xunto a ti quero estar cando alume o sol

xente nova medrar no amor do Señor.

Xunto a ti quero ver latexar corazóns,

espera, vou chegar, non me deixes ir só.

 

EIQUÍ ESTOU, DIME, SEÑOR.

BEN SEI QUE EU SON UN  PECADOR.

 

- Xunto a ti descubrir a irmandade entre nós,

a verdade xurdir, verbas novas de amor.

Xunto a ti compartir que haxa un mundo mellor.

Erguereime por ti, afastarei a dor.

 

Xunto a ti quero ver latexar corazóns,

espera, vou chegar, non me deixes ir só.



Leer más: https://nosanaicinhadoceo.webnode.es/musica-galega/himnos/xunto-a-ti-quero-estar-o-xubileo/

Comentarios