XUVENTUDE DE GALICIA
(Odilo Glez.)
Camiñando pola vida
compartindo a ilusión,
buscarémo-las alturas
onde brillas máis o sol.
XUVENTUDE DE GALICIA,
NON TE CANSES DE CANTAR;
VIVE A FE, VIVE A ESPERANZA
CON ANCEIOS DE IRMANDÁ.
Xuventude, máis arriba
tes estrelas, tes a luz,
ergue a frente, abre os ollos,
que o ceo está de azul.
Non te esquezas de que os triunfos
e a ledicia de chegar
son conquista dun esforzo,
son o froito de loitar.
Leer más: https://nosanaicinhadoceo.webnode.es/musica-galega/r/xuventude-de-galicia/
Comentarios
Publicar un comentario