SAMARITANO DE AMOR
(Antón Fdez. León)
No meu camiño atopo cada día a dor xunto a min
por veces penso que non hai dereito a sufrir así.
Dóeme tanto cando sufre un home, a súa dor,
que quero velo feliz.
Desde o abismo do home que sofre, veño a Ti, Señor.
Intento verte no irmán enfermo, dáme Ti a luz.
Fai que non pase de largo, á súa beira.
Quero ser samaritano de amor.
OIO OS TEUS PASOS XUNTOA MIN AO CAMIÑAR.
SÍNTOTE PRETO, ENCONTRO EN TI A FORZA PARA ANDAR.
DÁME A TÚA MAN PORQUE SENÓN, HEIME PERDER.
QUE COMA TI, SEÑOR XESÚS, PASE EU FACENDO O BEN.
Cando un irmán, sufrindo o seu calvario, aguanta a súa cruz,
dálle a túa man e sé seu cirineo coma pra Xesús.
Co teu sorriso lograrás facer do seu sufrir
coma unha ofrenda de altar.
Sementa rosas no camiño amargo do teu corazón
e brotará de novo aquel sorriso de quen sente amor.
Así o enfermo entenderá que desde a súa dor
fálalle o noso Señor.
Leer más: https://nosanaicinhadoceo.webnode.es/musica-galega/xesus/samaritano-de-amor/
Comentarios
Publicar un comentario